lunes, 5 de mayo de 2008

Convocadas Prazas Para Que Galegos Residentes No Exterior Poidan Viaxar A Galicia.

Nome de programa: Volver – Á terra

Características: Os beneficiarios estarán durante un período máximo de 14 días, nunha residencia de tempo libre ou noutro establecemento residencial de Galicia xestionado pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, programándose actividades e excursións que favorezan o reencontro coa súa terra. Rematada esta estadía, poderán permanecer cos seus familiares en Galicia, ata completar un período máximo de 3 meses, sendo pola súa conta durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención e calquera outro gasto derivado da súa estadía.

Resolución: Resolución do 9 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convocan e se regulan as axudas correspondentes ao programa Volver á terra para residentes no exterior, durante o ano 2008.

Destinatarios: As persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ser emigrante galego.
2. Ter a nacionalidade española.
3. Residir en América.
4. Ter sesenta ou máis anos de idade contados na data de remate do prazo de presentación de solicitudes
5. Levar polo menos os últimos 15 anos naturais sen participar en programas de viaxes a Galicia desta secretaría xeral.
6. Ser válido por si mesmo e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.
7. Ter ingresos inferiores a 1,3 veces o importe das prestacións económicas por ancianidade do Estado español, fixado en 2008 para o país de residencia.

Convocatoria: Diario Oficial de Galicia do 16 de abril de 2008

Prazo: Ata o 16 de maio

Promovido por: Secretaría Xeral de Emigración.

Tipo de axuda: A Secretaría Xeral de Emigración farase cargo da viaxe dos beneficiarios desde os lugares de partida fixados pola secretaría xeral en Iberoamérica ata o lugar de destino designado en Galicia.
A Dirección Xeral de Acción Social da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar colaborará neste programa poñendo todos os servizos de aloxamento e manutención durante o período de estadía na residencia de tempo libre.
Será por conta dos participantes o período de estadía durante a permanencia cos seus familiares en Galicia, unha vez rematada a estadía no establecemento residencial, ata completar un período máximo de 3 meses.

Contacto

Entidades colaboradoras:
* En Brasil:
-Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
-Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Bahía.
-Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instr. São Paulo.
-Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.
* En Cuba:
- Federación de Sociedades Gallegas en La Habana.
* En Uruguai:
-Unión de Sociedades Gallegas de Montevideo.
* En Venezuela:
-Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
Secretaría Xeral de Emigración:Servizo de Atención Social aos EmigrantesTeléfonos: 981.545.880 - 981.545.547.269Fax: 981.957.055e-mail:
accion.social.emigracion@xunta.es.

Información adicional:
http://galiciaaberta.xunta.es/portal/site/galiciaAberta/menuitem.63d59f4f152d678418e5e567f03900a0/

http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/61bd2b3d771fd087c125742c0076c2cf/$FILE/07300D003P008.PDF

No hay comentarios: