domingo, 19 de diciembre de 2010

Bases das axudas para a prevención de ataques de lobo ao gando, e se convocan para o ano 2011

Diario Oficial de Galicia
mércores, 15 de decembro de 2010
DOG nº 239
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Orde do 13 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas
para a prevención de ataques de lobo ao gando, e se convocan para o ano 2011.

Solicitudes:
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir da data de entrada en vigor desta orde (un mes a partir do 16 de decembro de 2010). Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo, e se convocan para o ano 2011

Diario Oficial de Galicia
venres, 17 de decembro de 2010
DOG nº 241
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Orde do 14 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo, e se convocan para o ano 2011.

As axudas a que se refire esta orde comprenden os danos producidos polo lobo desde o 1 de outubro de 2010 ata o 30 de setembro de 2011.

Comunicación do dano: Nas vinte e catro horas seguintes ao ataque os propietarios das reses deberán poñelo en coñecemento da Consellería do Medio Rural mediante unha chamada desde as 8.00 ás 20.00 horas de luns a venres, e das 8.00 ás 17.30 minutos os sábados, ao teléfono 012, a través do que se lles facilitará unha clave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente. Os animais mortos non poderán ser manipulados para non obstaculizar o labor investigador dos axentes que se despracen ao lugar para valorar os feitos e elaborar a correspondente acta.

Solicitudes:
As solicitudes de axuda correspondentes aos danos producidos entre o 1 de outubro de 2010 e a entrada en vigor desta orde (o 18 de decembro de 2010) cursaranse no prazo dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, a presentación das solicitudes de axuda deberase de facer dentro do mes seguinte ao de produción do dano.

domingo, 12 de diciembre de 2010

APERTURA LOCAL SOCIAL E VISITA PROGRAMA LUAR DA TVG

Estimad@s soci@s:
A Asociación de Veciños de Trasanquelos convídavos a pasar unha tarde de xogos, cartas e conversas no local social da asociación o próximo
SÁBADO 18 DE DECEMBRO a partires das 16:30 da tarde
Haberá un pouco de café, cartas, xogos de mesa, ganas de pasar unha boa tarde. Se a iniciativa ten éxito, abriremos o local ó menos unha vez ó mes, anunciando antes as datas mediante carteis en sitios sinalados de toda a parroquia.

Tamén aproveitamos para preguntarvos se estariades interesados en acudir ó programa Luar da TVG nos primeiros meses do 2011. Se conseguimos reunir un grupo significativo de xente podemos organizar unha viaxe para acudir como público a ese programa. Se estades interesados chamade ós teléfonos que aparecen nas cartas que recibiredes nas vosas casas, enviádenos un correo electrónico (A.V.Trasanquelos@gmail.com), buscádenos en Facebook ou simplemente dicídenolo en persoa. DATA LÍMITE PARA APUNTARSE: 20 DE XANEIRO.
Ata o sábado pola tarde...

lunes, 22 de noviembre de 2010

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E MAGOSTO

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

De acordo co artigo 15 dos Estatutos da Asociación, convócase ós socios á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar no Local Social o vindeiro SÁBADO día 27 de NOVEMBRO de 2010 ás 18:30 horas en primeira convocatoria e ás 19:00 horas en segunda coa seguinte
ORDE DO DÍA
•Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
•Estado de contas.
•Memoria de actividades levadas a cabo nos anos 2009 e 2010.
•Proxecto de actividades previstas para o futuro.
•Rogos e preguntas.

MAGOSTO

Estimados socios:
A Asociación de Veciños de Trasanquelos quere convidarvos un ano máis a celebrar a chegada do outono co pouco a pouco xa tradicional magosto. Agardamos a vosa presenza para desfrutar na compaña dos nosos veciños, comer e beber un pouco e falar e botar unha partida. Lembrade que sen vós, os protagonistas, ningunha celebración ten sentido.
Por iso esperámosvos o

SÁBADO 27 DE NOVEMBRO, Ó REMATE DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA,
NO LOCAL SOCIAL DO CAMPO DA FESTA

domingo, 14 de noviembre de 2010

PLAN REMÓBLATE GALICIA

Axudas a particulares para a compra de mobles de madeira para o fogar e colchóns.
Publicado no DOG do 3 de novembro de 2010.
O prazo para a presentación de solicitudes xa está aberto e rematará o 15 de decembro de 2010

miércoles, 10 de noviembre de 2010

PLAN RENOVE DE FIESTRAS

Diario Oficial de Galicia
luns, 8 de novembro de 2010
DOG nº 214

--------------------------------------------------------------------------------

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Resolución do 27 de outubro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2010.

martes, 19 de octubre de 2010

ACTIVIDADES 2010-2011 CONCELLO CESURAS



¡¡¡APUNTÁDEVOS XA!!!
CONCELLO DE CESURAS
TELÉFONO CONTACTO: 981 79 00 01
PREGUNTADE POR SANDRA OU SILVIA

sábado, 16 de octubre de 2010

ACTIVIDADES 2010-2011 ORGANIZADAS POLO CONCELLO DE CESURAS

ACTIVIDADES 2010-2011 ORGANIZADAS POLO CONCELLO DE CESURAS

PRAZO DE INSCRICIÓN: DENDE O 6 DE OUTUBRO ATA O 29 DE OUTUBRO DE 2010

COMEZO DAS ACTIVIDADES: NOVEMBRO

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS NO CONCELLO, TELF. 981 79 00 01 (PREGUNTAR POR SANDRA OU SILVIA)



*FÚTBOL-SALA
(Ata 12 anos)
Lugar: Pavillón Polideportivo
Datas: Luns e Mércores (13:45 - 14:45)
Inscrición: 20€
Cota mensual: Gratuita
Duración: Ata o mes de maio (inclusive)

*TAEKWONDO (Ata 12 anos)
Lugar: Pavillón Polideportivo
Datas: Martes e Xoves (13:45 - 14:45)
Inscrición: 20€
Cota mensual: Gratuita
Duración: Ata o mes de maio (inclusive)

*PISCINA (Ata 16 anos)
Lugar: Piscina climatizada municipal de Betanzos
Datas: Xoves (19:15)
Inscrición: 20€
Cota mensual: Gratuita
Duración: Ata o mes de Maio (inclusive)

*TALLER DE PINTURA (Ata 16 anos)
Lugar: CEIP Forte-Bragade
Datas: A determinar
Inscrición: 20€
Cota mensual: Gratuita
Duración: Ata o mes de Maio (inclusive)

*MANUALIDADES (A partir de 18 anos)
Lugar: Locais Sociais das Parroquias
Datas: A determinar
Inscrición: 20€
Cota mensual: Gratuita
Duración: Ata o mes de Maio (inclusive)

*XIMNASIA DE MANTEMENTO (A partir de 18 anos)
Lugar: Pavillón polideportivo
Datas: Luns e Mércores
Inscrición: 20€
Cota mensual: Gratuita
Duración: Ata o mes de Maio (inclusive)

*ESCOLA DE BAILE E DANZA TRADICIONAL (A partir de 18 anos)
Lugar: Pavillón Polideportivo
Datas: Martes de 21:00-23:00
Inscrición: 20€
Duración: Ata o mes de Maio (inclusive)

*TALLER DE BORDADO (A partir de 18 anos)
Lugar: Locais sociais a determinar
Datas: A determinar
Inscrición: 20€
Cota mensual: Gratuita
Duración: Ata o mes de Maio (inclusive)

*INFORMÁTICA (A partir de 18 anos)
Lugar: Aula de informática
Datas: A determinar
Inscrición: 20€
Cota mensual: Gratuita
Duración: Ata o mes de maio (inclusive)

NOTA: CADA ACTIVIDADE TAN SÓ SE LEVARÁ A CABO DE HABER UN MÍNIMO DE 10 PERSOAS INSCRITAS.


CONCELLO DE CESURAS
TELÉFONOS: 981 79 00 01 / 981 79 04 06
FAX: 981 79 01 29

PLAN DE ACTIVIDADES CORRESPONDENTES AO PROGRAMA DE APERTURA DE CENTROS EDUCATIVOS FORA DO HORARIO LECTIVO

PLAN DE ACTIVIDADES CORRESPONDENTES AO PROGRAMA DE APERTURA DE CENTROS EDUCATIVOS FORA DO HORARIO LECTIVO

A partir do mes de Novembro:

*Obradoiro de comunicación e expresión: Galego - Castelán e Inglés
*Ciencia divertida
*Traballos con contidos dixitais
*Obradoiro de recursos persoais (para nenos de máis de 12 anos e ata os 18 anos
*Papiroflexia - Origami e Papercraft
*Escola de Pais - Novas Tecnoloxías (TICs)


A partir do mes de Xaneiro:

*Maquillaxe e confección de caretas
*Maquetismo e modelismo
*Aire libre - marchas e acampada


Outras actividades a desenvolver:

*Xogos cooperativos
*Xogos populares
*Obradoiro de técnicas de Traballo


INFORMACIÓN NO C.E.I.P. FORTE-BRAGADE

TELÉFONO: 981 777 200

jueves, 15 de julio de 2010

PLAN RENOVE 2010 DE INSTALACIÓNS INDIVIDUAIS DOMÉSTICAS DE GAS

DOG 15/07/2010-PLAN RENOVE DE INSTALACIÓNS INDIVIDUAIS DOMÉSTICAS DE GAS.
A XUNTA convoca para o ano 2010 as axudas para renovación dos equipamentos (caldeiras ou quentadores) individuais de gas de circuíto aberto cunha antigüidade maior a quince anos por novos equipamentos individuais de gas de circuíto estanco e que cumpran coas exixencias do Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo

martes, 11 de mayo de 2010

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos para 2010

Diario Oficial de Galicia
luns, 10 de maio de 2010
DOG nº 87
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Orde do 3 de maio de 2010 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2010.

jueves, 4 de marzo de 2010

A XUNTA PRESENTA O PROGRAMA "XUVENTUR", QUE OFRECE 1.500 PRAZAS A MOZOS GALEGOS PARA ESTADÍAS MULTIAVENTURA EN CASAS DE TURISMO RURAL

O programa Xuventur, desenvolverase durante as fins de semana dos meses de abril, maio e xuño excluída a Semana Santa e inclúe aloxamento en casas de turismo rural, noites do venres e sábado; manutención completa (venres: cea; sábado: almorzo, pic-nic e cea; e domingo: almorzo). Tamén está incluído no programa o transporte das persoas que participan dende o aloxamento ao lugar onde se realizarán as actividades durante a xornada do sábado e do domingo. Así como o programa de actividades, o equipo de monitores e o material preciso para o seu desenvolvemento. No suposto de que faga mal tempo, desenvolveranse actividades alternativas.

Hai trece programas diferentes que comprenden actividades como bodyboard e skibus, cabullería, sendeirismo, piragüismo, paintball, tiro con arco, escalada, rutas en btt, rutas dacabalo, orientación, canoas, tiro con arco, visitas guiadas e culturais, descenso en kaiak, surf, padelboard, espeleoloxía, inciación á escalada e rapel, xogo de rol en vivo dramatizado, carreiras de orientación con gps deportivo...

En total haberá 1.496 prazas dispoñibles e o programa durará 11 fins de semana. Os prezos de aloxamento e máis as actividades son entre un 50 e un 60% máis baratos que si se contratan directamente sen facelo dentro do programa.

Para participar nas actividades é necesario inscribirse nos teléfonos 981 957 057 ou 881 999 314. Pódese obter información dirixíndose á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado na Consellería de Traballo e Benestar. Tamén se pode obter información nos seguintes servizos provinciais: na provincia da Coruña no Servizo de Xuventude, no 11 andar do Edificio Proa de Matogrande; na Oficina Local de Ferrol, no Edificio Administrativo da Praza Camilo José Cela e en Santiago de Compostela no Centro coordinador de Información e Documentación Xuvenil da Praza do Matadoiro. En Lugo, a información pode obterse no Servizo de Xuventude do Edificio Administrativo da Ronda da Muralla; en Ourense, no Servizo de Xuventude do Edificio Administrativo da Avenida da Habana; e en Pontevedra no Servizo de Xuventude do Edificio Administrativo da Rúa Concepción Arenal e máis na oficina Local da rúa Fernández Ladreda. Así mesmo, pódese obter información sobre o programa na web www.xuventude.net.

O número máximo de persoas que poderán participar en cada unha das opcións e fins de semana será determinado pola capacidade das casas de turismo rural, podendo variar entre 22 e 25 prazas. O prezo será de 100 euros por praza e as persoas con carné xove terán un 25% de desconto

IMPORTANTE: INFORMACIÓN DE INTERESE PARA OS PARTICIPANTES
Para anotarse no programa Xuventur 2010, lembrade que:
1º.- Os número de telefono aos que debedes chamar para anotarse son o:
881.999.314
981.957.057
O horario de atención ás chamadas será de 9:00 a 14:00 h
2º.- Antes de chamar, elixide o programa e as datas nas que queredes
participar, a fin de facilitar e facer máis áxil a reserva de prazas.
3º.- Unha vez teñades feita e adxudicada a reserva, lembrade que en 48h.
máximo debedes facer o ingreso na conta que se vos indique, e envialo
por Fax (xunto coa restante documentación) ao número: 981. 545.843.
Inmediatamente despois, mandádeo por correo urxente ao enderezo que
se vos indica no folleto de Xuventur. De non facelo, a persoa perde os seus
dereitos de adxudicación de praza.
4º.- Haberá unha lista de reserva de dez prazas por programa (non por fin
de semana), e no caso de que non poidades acudir non se admite cambio
de titular de xeito automático, senón que se recorrerá a lista de espera.
Tampouco se devolverá o importe excepto no caso de que as actividades
non se poidan realizar.
5º.- Só se poderá facer dúas reservas por persoa.
6º.- O prezo final son 100€ por persoa e praza, cun desconto do 25% no
caso de acreditar que a persoa solicitante posúe o carné xove e que está
vixente.
7º.- Tende en conta o equipamento específico de roupa a levar
Dependendo de cada programa.

viernes, 5 de febrero de 2010

REUNIÓN DE SOCI@S O DÍA 7 DE FEBREIRO ÁS 11:30h

REUNIÓN DE SOCIOS: Informámovos que o vindeiro domingo día 7 de febreiro de 2010 celebraremos unha asamblea ás 11:30 h en primeira convocatoria e ás 12:00 h en segunda convocatoria no local social da Asociación de Veciños. Prégase a maior asistencia debido á importancia dos temas que temos que tratar. A xente que queir...a facerse socia que veña e xa se fai socia no momento. Saúdos