domingo, 19 de diciembre de 2010

Bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo, e se convocan para o ano 2011

Diario Oficial de Galicia
venres, 17 de decembro de 2010
DOG nº 241
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Orde do 14 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo, e se convocan para o ano 2011.

As axudas a que se refire esta orde comprenden os danos producidos polo lobo desde o 1 de outubro de 2010 ata o 30 de setembro de 2011.

Comunicación do dano: Nas vinte e catro horas seguintes ao ataque os propietarios das reses deberán poñelo en coñecemento da Consellería do Medio Rural mediante unha chamada desde as 8.00 ás 20.00 horas de luns a venres, e das 8.00 ás 17.30 minutos os sábados, ao teléfono 012, a través do que se lles facilitará unha clave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente. Os animais mortos non poderán ser manipulados para non obstaculizar o labor investigador dos axentes que se despracen ao lugar para valorar os feitos e elaborar a correspondente acta.

Solicitudes:
As solicitudes de axuda correspondentes aos danos producidos entre o 1 de outubro de 2010 e a entrada en vigor desta orde (o 18 de decembro de 2010) cursaranse no prazo dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, a presentación das solicitudes de axuda deberase de facer dentro do mes seguinte ao de produción do dano.

No hay comentarios: