miércoles, 19 de noviembre de 2008

NACEU A NOVA COMISIÓN DE FESTAS DE TRASANQUELOS 2009-2010


Son noviños pero matóns os oito novos componentes da recén nada comisión de festas. Prometen moito, si señores. Ameazan con ir vender polos de limón a Alaska, todo o que faga falta por facer unhas boas festas en Trasanquelos. E é que xa se sabe.... xente nova e leña verde toda é fume peeero.... henche o carro, que nestes casos é do que se trata.
Sabedes que a Asociación de Veciños de Trasanquelos está solidarizada con vós e trataremos de axudarvos no que poidamos.
Moitos ánimos e arriba Trasanquelos!

Non vos perdades o seu simpatiquísimo blog:

http://comisiontrasanquelos.blogspot.es/

4 comentarios:

Fauve, la petite sauvage dijo...

¡Non serán tan noviños coma o pequerrecho da foto!

Van conseguir que desta vaia eu... ¡por fin! (a ver se é verdade).

Moita sorte, moitas ganas e moito traballo.

¡Salud!

Conchi dijo...

Claro que non son tan noviños pero teñen as mesmiñas ganas de dar vida ao noso pobo, a mesma ilusión. Nada mellor que represente todo iso que o nacemento dunha nova vida.

Conchi dijo...

Petit sauvage... boa a fixeche jajaj Queda constancia por escrito que desta vas vir asique.... a recuperarse pronto e xa me encargarei eu de recordarcho...

Moitos bikiños preciosa! Unha carantoña tamén a Maxi -aínda q non me gusten os gatos-

Fauve, la petite sauvage dijo...

Es que la foto es tan bonita que...

Y que sí, que sí, que me comprometo... en el caso de que pueda, claro XD. No te imaginas las ganas que tengo de ir, o quizás sí.

¡Biquiños! E para a nova comisión, ¡forza!