domingo, 8 de febrero de 2009

BANCO DE TEMPO DE CESURAS



"TROCANDO TEMPOS"
COMPARTE O TEU TEMPO, AXUDA ÓS DEMAIS E BENEFICIATE DELO



¿QUÉ É UN BANCO DE TEMPO?
É unha rede de intercambio de servicios e saberes no que a moeda de cambio é o tempo e non os cartos. Os intercambios acórdanse sempre voluntariamente.

¿PARA QUÉ SERVE?
No Banco de tempo de Cesuras poderás:
-Aprender cousas novas.
-Coñecer xente.
-Ensinar o que sabes facer.
-Compartir experiencias.
-Facer actividades que che gusten.

¿A QUÉN VAI DIRIXIDO?
A todos/as os/as veciños/as do concello de Cesuras, maiores de idade ou menores con autorización. Cada persoa ten algo que ofrecer, ¡ti tamén!

¿QUÉ SE PODE INTERCAMBIAR?
A título orientativo pódense intercambiar os seguintes servizos:
-Acompañar a nenos/as ao colexio ou a outras actividades.
-Ler contos, xogar con nenos/as, axudar a facer os deberes...
-Cuidar a nenos/as ou a outras persoas durante períodos curtos de enfermidade.
-Acompañar a persoas maiores ao médico, á farmacia, ao banco, a xestións...
-Pasar traballos a ordenador.
-Facer a compra a persoas maiores ou enfermas.
-Desenvolver pequenas tarefas domésticas.
-Coidar animais ou prantas.
-Pasear, acompañar ó cine, ó teatro...
-Pequenas reparacións domésticas, de automóbiles...
-Realizar tarefas de costura, pequenos arreglos de roupa, planchado...
-Desprazamentos e transportes.

Éstos son soamente exemplos de algúns intercambios. O Banco de Tempo ten máis posibilidades, así que anímate e fai as túas demandas e ofertas por orixinais que che parezan.

¿CÓMO SE FAI O INTERCAMBIO?
A unidade de intercambio no Banco de Tempo é a hora, independentemente do servizo que se reciba. Neste Banco, o tempo é a riqueza principal e polo tanto a unidade de valor. Cada persoa adscrita ó Banco de Tempo disporá dun talonario de tempo, que utilizará en cada momento que emplee o seu tempo a favor de outra persoa e informará mensualmente á persoa encargada do Banco, do tempo efectivamente entregado e recibido.
Cada tres meses a persoa encargada do Banco enviará ás persoas adscritas o estado da súa conta corrente de tempo, xunto cunha lista dos servizos que se poidan intercambiar durante ese trimestre.
Cada seis meses realizarase unha revisión global dos movementos de cada conta corrente e avisará ás persoas que se atopen en situación de desequilibrio de tempo, tanto si é porque deron moito como se recibiron pouco. En principio non se poderá acumular unha diferencia superior a 10 horas entre o tempo que se da e o que se recibe.
Así mesmo, unha persoa que non usara os seus créditos de recepción de tempo, pode transferilos voluntariamente a outro membro do Banco de Tempo.

¿QUERES APUNTARTE?

Podes contactar co Banco de Tempo de Cesuras

- Chamando ó 981 79 00 01

- Escribindo un correo electrónico a: bancodetempo@cesuras.dicoruna.es

- Acudindo á casa do concello en horario de: luns a venres de 9 a 14h. (preguntar por Silvia)

No hay comentarios: