lunes, 2 de febrero de 2009

O Concello de Cesuras ten unha nova ordenanza que regula a corta e a extracción de madeira


Cesuras ten xa en vigor unha ordenanza que regula a corta e a extracción de madeira. Con ela, intenta que a actividade forestal non estrague camiños e pistas e garanta a seguridade vial.
A norma obriga aos madeireiros a comunicarlle por escrito ao concello as cortas de máis de seis toneladas de madeira, polo menos con tres días de antelación. A comunicación debe incluír información detallada dos traballos previstos.
Limpeza de pistas diaria
Polo demais, require limpar e retirar os residuos da corta ao final de cada xornada, para manter as pistas e espazos públicos sempre no estado previo ás tarefas. Ademais, pide sinalizar os viais afectados e as pistas non se poden utilizar como depósito irregular de madeira, é dicir, por máis de trinta días. Tamén deben acondicionar as zonas en que abran rampas de acceso, para evitar que coa chuvia deriven en danos nos camiños. E prohíbense movementos de terra.
Sancións ata 3.000 euros
A ordenanza fixa ao madeireiro como responsable dos danos que poida producir a corta, depósito e transporte de madeira. Por certo, de non ter seguro de responsabilidade civil terá que depositar fianza previa. Determina unha serie de infraccións. As leves pénanse con ata 300 euros, as graves ata 1.500 e as moi graves ata 3.000 euros.

No hay comentarios: