viernes, 15 de mayo de 2009

FELIZ DÍA DE SAN CIDRE


Cidre Labrador Santo (Madrid, 1080 - 15 de maio de 1130). Hoxe, 15 de maio, celébrase a súa festividade.

O seu nome era Isidro de Merlo y Quintana, estivo casado con Santa María de la Cabeza. O seu amo foi o noble Iván de Vargas e na súa casa en Madrid hai actualmente un museo con exposicións temporais sobre temas madrileños e tamén con recordos relativos á vida do santo.

Son varios os milagros que se atribuen ó santo, encontrándose entre os máis famosos o do pozo (no que, gracias á súa oración, as aguas dun pozo subiron para poder rescatar ó seu fillo, que posteriormente será conocido como San Illán), e o dos Ánxeles, popularmente narrado como que os ánxeles araban o campo mentras San Cidre rezaba (aínda que según as actas da canonización, Iván de Vargas viu cómo dous ánxeles axudaban a San Cidre a arar máis rápido despois de que o santo se detivese anteriormente a rezar en tóda-las parroquias polas que pasaba).

Debido á súa profesión, labrador, considérase patrono dos labradores e dos enxeñeiros agrónomos. Moitas vilas celebran este día quitando ó Santo en procesións nas que se bendicen os campos.

P.D.: A foto non é a talla do noso San Cidre pero prometemos colgar unha.

No hay comentarios: