lunes, 13 de abril de 2009

Anuncio de suspensión de licenzas urbanísticas en Cesuras


Diario Oficial de Galicia
venres, 3 de abril de 2009
DOG nº 65

--------------------------------------------------------------------------------

VI. ANUNCIOS


b) DA ADMINISTRACIÓN LOCAL


CONCELLO DE CESURAS

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do 6 de marzo de 2009 e co obxecto de proceder á redacción dun estudo de detalle, acordou suspender polo prazo dun ano, contado desde a publicación deste anuncio no DOG, as licenzas de parcelación, edficación e demolición na área territorial de Bragade, delimitada polas seguintes vías existentes:

-Estrada provincial (rúa da Estación).
-Camiño do Pinche, desde a rúa da Estación ata O Lavadoiro do Pinche.
-Camiño do Lavadoiro.
-Camiño á Igrexa desde O Pereiro.

Contra o acordo de suspensión poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo), no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da data de publicación deste
anuncio.

Cesuras, 10 de marzo de 2009.
Julián Lucas Ramírez
Alcalde

No hay comentarios: