miércoles, 22 de abril de 2009

Programa para maiores en Turismo Rural_GALICIA NATURAL 2009

¿Qué é Galicia Natural?
É un programa para persoas maiores que se vai levar a cabo en diferentes casas de turismo rural de toda Galicia, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Turismo – Turgalicia e a Dirección Xeral de Acción Social, en colaboración coas Asociacións de Turismo Rural de Galicia.

Número de prazas e zonas ofertadas
Para o 2009 ofértanse un total de 966 prazas nas seguintes zonas: O sur de Pontevedra, A Costa da Morte, O sur de Lugo (Ribeira Sacra Lucense), Comarca de Tabeirós - Terra de Montes, Ribeira Sacra Ourensá, Comarcas do Deza, Allariz, A Mariña Lucense, Comarcas do Eume, Serra do Courel (Área da Montaña do Courel), Comarcas da Limia, A Veiga (Área do macizo de Pena Trevinca).

Estadías
Para o desenvolvemento deste programa establécense as seguintes datas de estadías:

• Do 11 ao 15 de maio (138 prazas).
• Do 18 ao 22 de maio (138 prazas).
• Do 25 ao 29 de maio (138 prazas).
• Do 1 ao 5 de xuño (138 prazas).
• Do 8 ao 12 de xuño (138 prazas).
• Do 15 ao 19 de xuño (138 prazas).
• Do 22 ao 26 de xuño (138 prazas).

Prezo
80 € , 100 € ou 120 € (dependendo do nivel de renda).

Prazo e lugar de presentación de solicitudes
Ata o 30 de abril.

A solicitude para participar neste programa farase nos Centros Sociocomunitarios de Benestar da Xunta de Galicia, máis próximos ao seu lugar de residencia.

Requisitos dos participantes

• Ser maior de 65 anos ou maior de 60 coa condición de pensionista, na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes. Así mesmo, poderán ser beneficiarios os seus cónxuxes ou os que acrediten relación análoga á conxugal.
• Residir en calquera concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
• Gozar de autonomía persoal, atoparse en condicións físicas e psíquicas de viaxar e non ter necesidades especiais que lle impidan participar no Programa.
• Efectuar a oportuna solicitude e pagamento do prezo estipulado no prazo e lugar que se estableza.


Servizos que presta o Programa

• Transporte dos beneficiarios desde o Centro Sociocomunitario de Benestar de referencia ata o destino que corresponda.
• Aloxamento en casas de turismo rural (en cuartos dobres de dúas camas ou cama de matrimonio a elixir).
• Manutención en réxime de pensión completa (as persoas que o requiran polas súas condicións de saúde disporán dun menú especial, sempre que o acrediten debidamente).
• Realización de visitas culturais pola zona e actividades de animación sociocultural .
• Póliza colectiva de seguros.


Selección dos participantes
No caso de rexistrarse unha demanda superior á oferta, para a selección dos participantes daráselle prioridade ás persoas con menores ingresos económicos mensuais e ás que non se tiveran beneficiado deste Programa en anos anteriores.


http://www.turgalicia.es/galizanatural/galizanatural.asp?ctre=galizanatural&cidi=G

Enlace para a solicitude: http://matiass.xunta.es/pdfs/galiza_natural.pdf


CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE BENESTAR
Pensamientos, s/n - A Coruña - A CORUÑA


Máis información nos teléfonos de TURGALICIA: 981 28 22 77, 981 22 63 67, 981 54 25 00, 981 22 18 22

No hay comentarios: