lunes, 13 de abril de 2009

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2009


No Diario Oficial de Galicia nº 65 do 3 de abril de 2009 publícase a Orde do 11 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2009.

1. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos na data do 1 de xaneiro de 2009 (nacidos entre o 2-1-2006 e o 1-1-2009, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2007, nin elas
nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período.

Quedan excluídas aquelas unidades familiares cuxos ingresos, considerados de forma individual ou conxunta segundo a opción de tributación elixida, superasen no exercicio 2007 os 22.000 euros, sumadas as bases impoñibles xeral e do aforro da declaración do IRPF.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos, sendo a contía da prestación de 360 euros por cada un dos fillos/as,sen que o mesmo fillo/a poda dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.

O prazo para a presentación de solicitudes será de corenta días naturais, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.(publicado no DOG do 3 de abril)

Solicitudes e documentación:

1. Novas solicitudes:
A solicitude formalizarase no modelo oficial que figura como anexo I desta orde, xunto coa seguinte documentación:
a) Fotocopia do DNI/NIF ou NIE da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella.
b) Fotocopia do libro de familia ou certificación literal de nacemento do rexistro civil de cada un dos fillos/as menores de tres anos.
c) Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
d) Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.
e) Nos supostos de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución da tutela.
f) Fotocopia da folla da libreta ou cartilla de aforros en que figure o número de conta en que se desexe recibir o ingreso, e na cal deberá figurar como titular a persoa que asina a solicitude. No caso de non dispoñer de cartilla ou libreta de aforros, poderá presentarse unha certificación bancaria que indique expresamente que a persoa solicitante é titular da conta a que se refire.
g) Unha declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas por este mesmo concepto por calquera administración pública, ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades(anexo III).
Respecto do solicitante, a presentación da solicitude da prestación comportará a autorización da secretaría xeral da Igualdade para obter da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Consellería de Economía e Facenda os datos de carácter tributario necesarios para a determinación da renda, e para o pagamento da prestación, sendo necesaria a autorización expresa do resto dos membros da unidade
familiar, que deberán presentar debidamente cuberto o anexo II.

2. Solicitudes para persoas anteriormente beneficiarias:
Se a persoa solicitante recibiu a prestación familiar por fillo menor de tres anos no ano 2008 e non ten solicitadas nin concedidas outras axudas por este mesmo concepto, só terá que presentar a solicitude formalizada no modelo oficial (anexo I), sempre e cando non se modificasen as circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito de prestación.

3. Solicitudes para persoas que non foron anteriormente beneficiarias e solicitaron a prestación.
Deberán achegar a documentación como se fose unha nova solicitude.

No hay comentarios: